Dende Ludogal cremos firmemente que o xogo é un dos mellores motores para a aprendizaxe. Apoiar o labor diario de docentes é unha das nosas prioridades: queremos poñer as nosas ferramentas a disposición das vosas clases para axudar a ensinar, divertir e, sobre todo, normalizar o uso do galego no ámbito dixital dende a infancia.
Queremos escoitar as túas propostas. Se precisas algunha adaptación específica de xogos para un proxecto educativo concreto, ou tes ideas para facer novas actividades na aula, estamos aquí para axudarche a facelo realidade de balde e sen complicacións.
Se es docente, tes algunha proposta ou simplemente queres contarnos como usas Ludogal co teu alumnado, ponte en contacto connosco a través de: